Comunicado da Xunta Directiva da BMO e Carlos Diéguez, ex-director da banda e actual director da EMCO

A Xunta Directiva da Banda de Música de Ortigueira e Carlos Diéguez Beltrán, ex-director da BMO e actual director da Escola de Música Municipal de Ortigueira, queren facer unha aclaración pública do motivo polo cal  Diéguez deixa a dirección da BMO despois de 9 anos.

Este feito tratóuse dunha decisión persoal comunicada polo mestre á Xunta Directiva e aos músicos a mediados do mes de febreiro. Con este comunicado Carlos Diéguez quere deixar claro que “non se pode buscar unha razón ou motivo concreto, nin culpabilidades de ningunha persoa ou estamento. Foi unha decisión meditada e tomada co mellor desexo para a Banda e a busca dunha visión de futuro”.

Tanto a Xunta Directiva coma Carlos están de acordo no feito de que en Galicia os proxectos bandísticos vólvense unipersoais e nese sentido, convírtese en necesaria a transformación destas asociacións musicais en Sociedades Musicais. Isto significa que non se debe falar da “Banda de Garrote”, da “Banda de Aliaga”, da “Banda de Mendoza” ou da “Banda de Charlie”, senón da Banda de Ortigueira como unha agrupación conformada por músicos amateurs comprometidos coa cultura do seu municipio.

Por todo isto, a BMO comeza unha nova andaina baixo a batuta dun novo mestre para así escribir un capítulo máis da historia da Asociación Banda de Música de Ortigueira. Neste novo ciclo, a Banda de Ortigueira traballará en conxunto coa Escola de Música de Ortigueira encabezada polo seu director, Carlos Diéguez, para seguir a dinamizar o municipio de Ortigueira e a comarca do Ortegal a nivel cultural e musical.

A Xunta Directiva da BMO e Carlos Diéguez, director da EMCO

Publicado en Multimedia

A BMO recibe 18 candidaturas para o posto de director

  • Galicia, Comunidade Valenciana, Andalucía, Portugal e Colombia son os lugares de procedencia dos profesionais que presentaron a documentación para coller a batuta da Banda de Ortigueira

A Banda de Música de Ortigueira pechou hoxe ás 14 horas a convocatoria para a elección do novo director con 18 candidatos, á espera de consultar o Correo Postal o vindeiro luns día 11 de abril. Aínda que a maioría dos candidatos chegan dende Galicia (7 da provincia da Coruña, 5 de Pontevedra e 2 de Lugo), as provincias de Alicante e Jaén tamén están representadas. A nivel internacional, cabe destacar a candidatura que chega dende Maia (Portugal) e dende Colombia, do departamento de Nariño.

Dende hoxe e durante toda a fin de semana, a Xunta Directiva procederá á lectura e análise da documentación recibida e decidirá os candidatos que pasarán á seguinte fase da proba: a entrevista persoal. Esta será o próximo venres día 15 de abril en Ortigueira e a comunicación se fará a todos os candidatos a través do correo electrónico tan pronto se teñan os resultados. A terceira fase será a proba de dirección que terá lugar o vindeiro fin de semana no local de ensaio da BMO (os horarios aínda están por determinar) e a realizarán os profesionais elixidos na entrevista persoal.

A Banda da Música de Ortigueira quere agradecer o interese e esforzo de todos os candidatos, así como tamén a difusión que tivo esta convocatoria a través das redes sociais e do medio de comunicación La Voz de Galicia.

Consulta aquí a relación de candidatos: Candidatos_BMO_2016 

 

 

Publicado en Banda de Música de Ortigueira, El Director, Novedades

A Banda de Música de Ortigueira abre o plazo para a elección do novo director

Dende hoxe e ata o o venres día 8 de abril , os profesionais interesados terán que presentar os documentos solicitados a través do email da banda ou por correo postalDirector banda de ortigueira

A túa paixón é a dirección e gustaríache dirixir unha banda popular? Se é así, estás de sorte porque a Banda de Música de Ortigueira abre o plazo hoxe para comezar coa procura dun novo director que leve a batuta da agrupación alo menos no próximo ano. Cun plazo de 10 días, dende hoxe e ata o venres día 8 de abril ás 14 horas, os profesionais interesados deberán enviar  os documentos a través do correo electrónico da banda ou por correo postal.

Que teño que enviar?

  • Curriculum Vitae.
  • Fotografía recente.
  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia.
  • Fotocopia da titulación requerida ou certificado de estudos actualizado e fotocopias da documentación que xustifique os méritos que se alegan.
  • Vida laboral actualizada a marzo de 2016.
  • Proxecto de traballo para desenvolver dentro da asociación, por período dun ano.

*No momento da entrevista, os candidatos seleccionados, deberán aportar a documentación orixinal, que acredite as titulacións descritas no CV.

Como o envío?

  • Por correo ordinario: Asociación Banda de Música de Ortigueira, Apartado de Correos nº 10. 15330 – Ortigueira, A Coruña

Cales son os requisitos? 

  • Posuír a titulación de grado medio dun instrumento da banda ou estar cursando grado superior en instrumento, dirección ou composición.
  • Valorarase experiencia en dirección de bandas de músicas populares.
  • Valorarase outros coñecementos musicais noutras áreas relacionadas coa dirección e xestión de bandas de música populares.

Como será o proceso de selección? 

Das solicitudes recibidas, a Asociación seleccionará un grupo de candidatos para realizar unha entrevista persoal.

Os candidatos seleccionados na entrevista, realizarán unha proba práctica que consistirá en dirixir a Banda durante un ensaio, cunha duración máxima de 1 hora e media, na cal interpretaranse as seguintes obras:

1. Obra obrigada: Ireland: Of legend and Lore (Robert W. Smith)

2. Obra libre elixida polo candidato (nivel 3)

E as condicións?

  • Modalidade de contratación, a convir entre as partes. Será por un ano con posibilidade de ampliación, e cun período de proba de 3 meses.
  • A persoa contratada deberá realizar como mínimo dous ensaios semanais (venres e sábado) coa banda.
  • Terá que reunirse con regularidade coa Xunta directiva da Banda de Música de Ortigueira e co profesorado da Escola de Música de Ortigueira.

Descarga as bases nas que atoparás toda a información:

Bases director Banda de Música de Ortigueira

Se queredes contactar con nós podedes facelo dende o seguinte formulario:

Moita sorte e moitas grazas!!

Publicado en Banda de Música de Ortigueira, Novedades

A Banda de Música de Ortigueira participa no Encontro Nacional de Bandas de Música de Pedro Muñoz

Pedro Muñoz, Ciudad Real, é a localidade na que descansan os restos mortais do ilustre músico ortegano Enrique García Rey, compositor do himno de Ortigueira

A Banda de Música de Ortigueira partiu onte cara Ciudad Real para participar mañá sá- bado no Encontro Nacional de Bandas de Música que terá lugar no cine-teatro de Pedro Muñoz, municipio no que faleceu Enrique García Rey e onde se atopou hai uns meses a letra do que podería considerarse o himno de Ortigueira. No encontro tamén participarán a Asociación Musical “Moteña” de Mota del Cuervo (Cuenca), a Asociación Musical “Cala- trava la Vieja” de Carrión de Calatrava (Ciudad Real) e a anfitriona, a Banda Sinfónica Municipal de Pedro Muñoz.

Cartel Encuentro Nacional de Bandas - 20 de febrero de    2016

A agrupación ortegana abrirá a súa actuación con Ortigueira, de García Rey, e seguirán coa obra The echo never fades, de David Gillingham; e Urticariam, de Carlos Diéguez, di- rector da Banda de Ortigueira. Ademais, para finalizar o festival, compartirán escenario coa Banda de Pedro Muñoz para interpretar conxuntamente o himno de Pedro Muñoz, composto tamén por Enrique García Rey.

A concelleira de Cultura do Concello de Ortigueira, María Isabel González, acompaña á Banda de Música de Ortigueira e participará na visita institucional que se realizará ao Concello de Pedro Muñoz e na ofrenda floral á tumba de García Rey.

Este encontro enmárcase dentro dun intercambio cultural entre a Banda de Música de Or- tigueira e a Banda Sinfónica Municipal de Pedro Muñoz, o que supón unha oportunidade de ambas as dúas asociacións para dar a coñecer as súas terras ao longo da xeografía española. Así, a agrupación de Ciudad Real chegará a Ortigueira en xullo para as Festas Patronais de Santa Marta.

Publicado en Banda de Música de Ortigueira, Concertos, Multimedia, Viaxes | Deja un comentario

A Banda de Música de Ortigueira pecha o seu 155 aniversario co Concerto Benéfico de Nadal

 

  • • O recital terá lugar este sábado 19 de decembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Santa Marta de Ortigueira
  • • O cartel complétao o Coro Infantil e o Coro da Escola de Música de Ortigueira

Ortigueira, 17 de decembro de 2015.- A Banda de Música de Ortigueira celebrará o derradeiro recital de conmemoración do seu 155 aniversario co Concerto Benéfico de Nadal que terá lugar o próximo sábado día 19 de decembro ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Santa Marta de Ortigueira. O Coro Infantil e o Coro da Escola de Música de Ortigueira serán as agrupacións que acompañen á Banda de Música de Ortigueira neste concerto solidario.

As organizacióBanda 2015ns ás que se adicarán os fondos recadados serán a Asociación galega de axuda ao pobo saharahui, polo seu traballo nos campos de refuxiados do Sáhara Occidental logo das choivas torrenciais do pasado mes de outubro, e Cáritas Tánxer, por ter axudado dende hai anos aos emigrantes que se aloxan en Tánxer fuxindo de guerras e situacións complicadas nos seus países de orixe. Así, a pesares de gratuidade do recital, os asistentes poderán facer as súas donacións nunha hucha que estará instalada na Igrexa de Santa Marta.

A Banda de Música de Ortigueira aproveitará este concerto para facer a estrea do Poema Sinfónico Urticariam, unha obra composta polo seu director, Carlos Diéguez, con motivo do 155 aniversario da Banda de Música de Ortigueira.

Publicado en Novedades

Viaxe a Urticariam

A Banda de Música de Ortigueira, ofrecerá un concerto moi especial o día 21 de Novembro ás 20:30h. no Teatro da Beneficencia de Ortigueira (Entrada gratuita).

Trátase dun concerto audiovisual que comezará co estreno do DOCUMENTAL sobre a Banda Sinfónica Infantil de Galicia, presentada en Ortigueira o 8/8/2015. Un proxecto pioneiro e enmarcado no Plan Nacional de Bandas.

Ó breve documental, seguiralle o Concerto da banda, unha “Viaxe a Urticariam”, que nos trasladará ata a terra de Arrós, a época medieval, ás festas de Ortigueira, a un recorrido no Feve,…

Ó concerto estará acompañado de imaxes e videos históricos da banda e do concello; e nel darase a coñecer os resultados de investigación documental no que queda constatada a línea histórica da Banda de Música de Ortigueira dende o séc. XIX.

Un concerto para a historia, un concerto para a memoria.

Portada Montaje

Publicado en Multimedia

1º Mercado da Mazá. Concerto da BMO

A BMO ofrecerá un Concerto na Carpa do 1º Mercado da Mazá de Ortigueira.Será este domingo día 11 de outubro ás 13:30h.

Agardámosvos!
manzana

Publicado en Multimedia